vexamos....
Hoxe na miña travesía cara a Efe, parei en varios lugares dos da lista e outros que non estaban. O resumo das negociacións é:
NON hai sitio:
-San Clodio
-Casal do Cabildo
-Dezaseis
-Petiscos
-Bodeguilla de San Roque
-Quitapenas
todos na zona de San Pedro e Porta do Camiño
Sen embargo, SÍ hai sitio en:
- Casa Manolo (revivindo tempos de universitarios)
-Crepería Cre-cottê (Quintana)
CASA MANOLO: 15 OUROS
O Sr. Manolo explicoume que non habia problema de sitio, que eles fan ceas para xente nova e a prezos novos (15 euros). Menu:
1º Empanada Atún, CHIPIS (sí, podedes rirvos, unha palabra moi miña), croquetas, langostinos, mejillones vinagreta.
2º A Escoger ( non hai que decidilo antes, senon que no mesmo día xa lles pedimos alí. Vantaxes das macroinstalacións gastronómicas)
-Carne Asada
-Churrasco
-Escalope a la milanesa
-Cordon Blue
-Pinchos morunos
-Polo asado ou ajillo (Pollastre en catalán, pero non ben en cubet. raquel entenderá o porque desta observación)
-Merluza á romana ou á prancha
-Lenguado á prancha
De postre xeado
Ocorreuseme preguntar como iba o tema do viño e díxomo "Hombre, ni que fueras de primero", aquí viño o que faga falta "menos a algúns de primeiro que tes que velos como se poñen" . " Paréceme a min que tu, ou moito repetiches, ou en primeiro non debes de ir". Iso me dixo mister Manolo.
Riesgo: Estar rodeados de púberes, dado a nosa madurez actual non sei se estaríamos moi a gusto.
Vantaxes:A frase final do papel que reproduzo a continuación
Alicientes: Podemos ser atendidos por máis dun discipulo da organización de Bojque, a AVI
"Y LUEGO CHUPITOS...LICOR CAFÉ, MELOCOTÓN, MANZANA...CLÁSICOS"
http://dosdiasydosnoches.typepad.com/dos_dias_y_dos_noches/2005/10/chupito.html
Unha reflexión sin parangón sobre os chupiños "clásicos e chic". Para que aprendades a diferenciar a un clásico dun chupiño calquera.
CRE-COTTÊ: 24 OUROS
Ben, sen dúbida comezamos a falar dun sitio moito máis chic e vanguardistas, iso sí, nas acepcións máis clásicas destas palabras. Isto nótase no prezo que ascende a 24 euros o máis básico. A oferta sería:
1º Ensaladas e revoltos. (Amánidas e algo máis en catalán. Ai, catro días en Barceloca danche unha soltura co català!)
2ºCrepes salados (Poderíamos escoller calquera da carta)
3ºPostres caseros
En canto á bebida, temos sangría e viño (rioja crianza ou ribeiro)
Riesgo: que o sitio sexa excesivamente serio
Vantaxes: a sangría deste sitio esta boísima, penso eu
Alicientes: O camareiro que estaba hoxe tiña un grande atractivo
PERO ISTO NON É TODO, TAMÉN ME DIXERON NO BIERZO ENXEBRE QUE TEÑEN SITIO, PERO TEÑO QUE CONFIRMALO ÁS CINCO QUE É CANDO CHEGA A/O XEFA/E E QUE ME INFORMARÁ DOS MENÚS.
As propostas seguen abertas pero mañá pola noite deberiamos ter a lista de quenes imos e algunha idea clara de a onde.
Cada un que informe ás persoas máis achegadas a ela sobre como van as negociacións e, por favor, fagamos batalla para que a acudan as urnas, digo blog, e exerzan o seu dereito ó voto.
POR UNHA CEA DEMOCRÁTICA,
jacinta
P.D.: agora chamei a O MESON DO PULPO e dixeron que por quince euros póñennos pulpo, zorza e chipis e a ademais viño e café. Non parece unha mala opción pero mañá teño que confirmarllo. Así que, por favor, pronúnciense.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Casa Manolo!!!!
(por iso do prezo e das púberes XDDD)
jajajaj
despois de partirme pola túa conversa con mister manolo, sobre todo pk estaba a imaxinar a túa cara), ajaja non me kedou claro se na creperia podémonos tajar todo o ke keiramos (aínda ke só sexa coa sangría), non hai chupitazos para despois???
o da crepería é moi bohemio a pesares d non estar na rúa cultureta d momento, sen dúbida áhí imos comer ben , pero por ese precio penso ke tb nos poderiamos tajar aliiii negociando por ter todo o viño ke keramos!!!, e por outro lado, creo ke ti xa fuches cear alí, é demasiado serio? pk xa sabemos pk derroteiros vai ir a nosa actitude madura-intelectual-xornalística e audivisualeira, pero ó mellor non nos deixan volver...
Penso ke mister manolo podemos consideralo como opción desesperada
ou non?
Ke hai do outro restauran????
ideas doutro restauran...para ir preguntar máis que nada...
se me dades 15 euros cada un a min, fágovos unha cea que estades chorando de felicidade até k Touriño aprenda a conxugar os verbos.
Pola pasta: casa manolo.
Polos camareiros: casa manolo!
Pero por principios: pregunta no Berzo Ceive
PD:es muy fuerte tías! pero Manolo de casa Manolo non se chama manolo, chámase Luis. Entón quen é Manolo???? pois o pai da muller do fake Manolo, lexítima propietaria do restaurantecillo, pero que sempre está na coziña. Fontes: de primeira man, desas de Borrat.
Eu inclínome claramente polo Mesón do Pulpo, cómese de puta madre e moi abundante. A crepería é un sitio que me gusta pero, tendo en conta a clase de xentuza que somos e como a solemos montar (lembremos que temos amigo invisíbel...) non me parece o sitio máis indicado. Casa Manolo (o turismo é colonialismo) sería o mal menor, tampouco me importaría (Pablo, ese día as púberes xa están na súa casiña meu rei). Dito isto... resumo... por min:
-1º: Mesón do Pulpo
-2º: Bierzo Enxebre
-3º: Casa Manolo
eu fun unha vez con cea audiovisual ó mesón do pulpo, e cómese xenial, comida rica, viño, chupito...pero recordo ke nos botaron moi cedo, e case non puidemos disfrutar da sobremesa...aínda ke de seguro ke isto pra nós non é un problema, ke moncho seguro ke nos acolle...pero xa ke estamos nun restauran d cea..pois estar ata ke nós keramos, digo eu...
eu opto polo bierzo iste, áinda ke nunca fun, pero acabo d ver rapidamente a web e parece guayyy
jiji
ou senón..o restaurante este no q facedes as vosas ceas xornalísticas? franco se chama? é moi cutre???
eu decántome polo Manolo que é o de sempre, e sempre cunde. O dos púberes da igual, total imos encher de tódolos xeitos...
A creperie é xenial, encántame, si que é un pouco máis formal pero mola. Gustaríame pero é demasiado caro ao meu parecer... prefiro o típico viño chungo das ceas e a comida cundente de Luis-Manolo
pois
...
por sitio (e seguramente será algo personal)
e porque o tipo me cae mal e polo viño e tal e cual!
CASA MANOLOOOOOOOOOO :D
(o Mesón de Pulpo ou esto tamén me parece chachi)
un aplauso a Jacinta por buscar todo estoooooo!!!!jefaza!
abracitos
Espiño vota pulpería!!!
son unha caciqueee
Fraga volve
eu tamén voto pulpería esa, pero claro, se nos poñen moito alcol e un camareiro chondo!!!
para min o prezo é determinante, pero dáme igual o tipo de comida.
por certo, hai probabilidades de que chegue a compostela moi tarde, así que precisarei dalguén que me agarde pra deixar a maleta e mudar a roupa... :( (puto transporte público)
Publicar un comentario