martes, 11 de diciembre de 2007

BIERZO ENXEBRE

O menu mínimo deste lugar é de 22 euros. Díxome que para 15 ten sitio, pero que para 20 complicado. Así que necesitamos concretar canto antes. Non me dixo que leva o menú porque dixo que iso prefería negocialo en persoa. Pero bueno, a miña humilde opinión é que casa manolo ou o mesón do pulpo son os que máis ofrecen relación calidade precio.
Vou preguntar tamén nunha pulperia de ó lado do ambitus, de moi mala morte pero moi céntrica, non vos parece.
Algunha outra idea céntrica para preguntar prezos cando saia de aquí????
Algún voluntario para tomar unha caña pescuda tascas de calidade???
E se lle pseudo alquilamos o local a moncho e levamos unhas tortillas e facemos un cocktail-enxebre digno da festa de coroación da Raíña de Galicia???

3 comentarios:

O'Xirarei dijo...

Boas! Eu sigo apostando polo Mesón do Pulpo, queda un pouco máis a desmán pero dan ben de comer, é abundante, podemos desbarrar dentro do que cabe... (por certo, a pulpería que dis, "O Catro", pechou). E a última vez que fun, baixei media botella de augardente co café (si, iso tamén é un motivo de peso). Se fai falta e non traballo, mañá pola tarde podo botar unha man reservista.

lara dijo...

a min 22 éme moi caro.
de todos xeitos, calquera cousiña me vale, pero non moi cara, porfaaaaaaaa

PriS dijo...

A min tanto me ten, pero que sexa un sitio onde poidamos comer e beber a mantenta! muhahahha

Podemos deixar Casa Manolo como ultima alternativa á desesperada? É q buf... é doloroso.